deseño gráfico
“Os estilos van e veñen. O bo deseño é unha linguaxe, non un estilo” (Massimo Vignelli)
Encántanos espir conceptos e darlles novos sentidos. Contemplamos a vida fóra do balbordo. Sabemos que o mar en calma non fai experto ao mariñeiro, porén temos aprendido a sortear a galerna para faenar en augas tranquilas, as colectoras dos mellores bancos de ideas.