Deseño valente

Que é Balandra?

Latexamos en 6/8. Galicia é o noso termómetro e a nosa despensa. Aínda que miremos en todas direccións, gústanos buscar baixo os nosos pés para achar respostas. Amamos a nosa cultura e coidamos do territorio para facer deste un país máis feliz.

Practicamos a honestidade brutal. Porque a levamos na medula e porque te queremos ben e sabemos que é moi rendible para ti.

Queremos que gañen os bos. Os que tentan deixar o mundo un pouquiño mellor do que o atoparon. Así que nos adherimos a protocolos e metodoloxías responsables e respectuosas coa contorna e con nós mesmas. Sentímonos agradecidas co pasado e debedoras do futuro.

Pensamos sen límites. Creamos sen filtros. Navegamos cada día na procura da ardora para poder ofrecerte a sempre nosa mellor versión. Ser valente é unha elección, alístate na nosa balandra.

Sobre nós

SOMOS BALANDRA!

Rocío Solla é a alma mater do proxecto. Historiadora da arte e arquitecta de interior, nunca deixou de formarse, especializándose en xestión cultural e dirección de arte.

Leva case 20 anos traballando para diversas marcas dos sectores artístico-cultural e comercial como documentalista, museógrafa, interiorista, deseñadora gráfica e de identidade corporativa.

En balandra embárcase cun amplo equipo de colaboradores segundo as necesidades de cada cliente.

SERVIZOS

Imos darlle forma á túa historia

museografía

interiorismo

deseño gráfico