Gunnen
Branding 360º e deseño interior
Gunnen é un pequeno gran espazo gastronómico onde a cociña de autor se vive como unha experiencia de gozo a través do produto fresco, local e de calidade, acompañado dunha selecta adega, un servizo de sala coidado ao detalle e un ambiente acolledor. Todo está pensado para compartir a felicidade da túa experiencia e facela perdurar, expandíndoa alén da túa visita.
Como marca de nova creación, buscamos ante todo claridade e recoñecemento inmediato. Por iso, apostamos por un logotipo tipográfico acompañado dun símbolo e un claim sinxelo que reforcen e transmitan o significado de Gunnen. “Alegría compartida” expresa, así, a esencia da nosa proposta.
Como valores de marca que queremos representar a través de toda a identidade corporativa, destacamos a elegancia e sobriedade, ao tempo que a sabedoría que emana da tradición, a orixe e a artesanía. Por iso, a imaxe de marca é rotunda, pero próxima. Falamos en maiúsculas, pero non berramos: compartimos a alegría sen reservas.
Deseñamos o proxecto cun enfoque 360º, abarcando desde a identidade corporativa ata o deseño interior, mobiliario, uniformes, mantelería e mesmo a selección da música que soa no espazo. Así, construímos un branding emocional que envolve cada detalle e reforza a conexión cos nosos clientes.














