Vegalsa-Eroski

Deseño de gráficas conmemorativas para rrss

Aproximámonos á imaxe corporativa de Vegalsa-Eroski para tentar refrescar a súa percepción de marca a través dunha serie de pezas conmemorativas ao longo do ano.

O conxunto desenvolve a súa coherencia grazas a un estilo doadamente recoñecible que se basea nunha ilustración de masa en cores planas e copys suxestivas que completan a mensaxe visual e evocan contextos dabondo coñecidos.