Merchan Feira Verde Vegalsa-Eroski
Deseño de merchandising para Feira Verde (Silleda)
Galicia é un territorio de mil nomes, onde unha mesma cousa pódese chamar de tantos xeitos coma vilas hai no mapa. Esta riqueza lingüística e cultural é a alma desta edición limitada de bolsas, cadernos e camisolas, que celebra a identidade galega a través dos seus sabores máis auténticos.
Sobre un fondo branco cheo de cor, presentamos unha selección de elementos comestibles e frescos—o verdadeiro tesouro da compañía—coas súas múltiples denominacións de cadansúa zona. Porque non hai unha soa forma de ser galego, hai moitas!
🐔 Roxos – A galiña, chucha, churra ou pita que nos dá os ovos máis saborosos.
🌽 Amarelos – A espiga, mazaroca ou paolla que alimentou xeracións.
🐟 Azuis – Do mar á mesa: a cabala, xarda ou rincha; a sardiña, xouba ou parrocha.
🐷 Rosados – O noso querido porco, chino, cocho, marrán, marrancho, quino ou rancho.
🌱 Verdes – Os chícharos, ervellos ou pericos da horta; a leituga, leitaruga, mexacán, paciporca ou tarrelo da ensalada.
Unha homenaxe á tradición, á fala popular e á nosa maneira única de ver o mundo. Un deseño rebordante de ledicia e cor, tan diverso coma a nosa propia terra. Porque, casi como diría aquel, somos moi galegos e moito galegos.