USC
Deseño visual para campaña Pescaenverde.
Pescaenverde: a etiqueta que mide o compromiso co o mar
O futuro da pesca tamén se escribe en verde. Pescaenverde é moito máis que unha ecoetiqueta: é unha aposta pola sustentabilidade, unha ferramenta que mide a pegada de carbono na pesca e certifica o compromiso dunha industria que pode –e debe– coexistir en harmonía co medio ambiente.
A súa gráfica, de cores planas e vibrantes, reflicte esta visión: un inventario de elementos naturais que conviven con símbolos de enerxías renovables, como raios e hélices, destacando a compatibilidade entre a pesca responsable e o coidado da nosa contorna.
Porque unha industria consciente non entra en conflito coa natureza, senón que aprende dela, respéctaa e garante o seu futuro. Pescaenverde é a marca dunha nova maneira de entender o mar: con responsabilidade, innovación e coidado do planeta.

