PROYECTO 1800
Proyecto 1800: A música entre dous séculos
O século XIX foi unha época de contrastes e revolucións. Mentres as locomotoras a vapor abrían camiño ao futuro e o Sufraxio Universal daba voz a novas ideas, a música tamén vivía a súa propia transformación. Proyecto 1800 é unha viaxe sonora que explora os compositores nados neste periodo, testemuñas e protagonistas dunha era que sentou as bases do progresismo musical do século XX.
O Romanticismo espallábase con forza, abrazando a emoción e a individualidade, mentres o clasicismo seguía a ser venerado na figura de Bach e Händel. O Nacionalismo impregnaba as composicións con melodías populares, e a influencia de músicas “exóticas” enriquecía a paleta harmónica. En paralelo, o Impresionismo abría as puertas a novas sonoridades, anticipando o Atonalismo e o Dodecafonismo que revolucionarían o século seguinte.
E en Nova Orleans, todavía en estado embrionario, o jazz comezaba a latexar, preparando o terreno para se converter nunha das maiores influencias do pensamiento artístico universal.
O deseño de Proyecto 1800 traduce esta evolución a unha estética visual: os tres instrumentos do trío—saxofón, acordeón y tuba—desmóntanse e redúcense á súa esencia, reinterpretando a xeometría da art déco cunha mirada contemporánea.
Unha homenaxe á música dunha época de cambios, e, posiblemente, unha das máis felices do século XX.

