Vegalsa-Eroski

Deseño de bolsa San Xoán

A do 23 de xuño é, sen dúbida, a noite máis celebrada na Coruña. As praias énchense de cacharelas e xente para dar a benvida ao verán, pero a cantidade de residuos acumulados é proporcional á do aforo. Por iso, Vegalsa-Eroski, no seu compromiso co coidado do medio e a sustentabilidade, agasalla os días previos na súa rede comercial esta bolsa para facilitar a recollida e convidar a deixar a praia como antes de chegar.

Nós estamos encantadas coa iniciativa, e achegamos unha gráfica baseada nun breve texto que aúna tradición e ecoloxismo. Está elaborada en papel reciclado e impresa localmente. #meigaselixofóra

Vegalsa Eroski